Aquela universidade francesa revoltada era nos anos
71 o mellor antídoto contra o pensamento fechado que ocupaba os países
ibéricos da época. Oxe non diríamos o mesmo, pois França xa perdeu a
referencia do maio glorioso e nosoutros agora recuperamos unha certa
dignidade.
Nesta línea daquela exercías como sempre, ademais de
asistente universitaria, de embaixadora de Portugal, comunicadora da sua
cultura, da sua literatura, da sua música e tamben da sua gastronomía,
un regalo.
Lémbraste que organizábamos cos teus amigos festas e
xantares na casa de Madame Babou nos que nos facías degustar as tuas
receitas de bacalhau, esquises.
Segue sendo pouco entendibel falar oxe dos
equilibrios que tínhamos que facer para non aparecer coma refuxiados na
quela França profunda, que tampouco poido impedir que Daniel Cohn
Bendit fora insultado como roxo, xudeo, alemán e indesexable e tuvera
que refuxiarse en Alemanha, ele nacido en Montauban, coma seus país se
refuxiaran en França nos anos nazis.
A túa presenza en Montpellier fíxome confirmar que o
mellor refuxio era a LINGUA e que o tesouro do galego-portugués para un
galego debía ser potenciado. Mais tarde cando fixen estudios xurídicos
atopei grazas a Habermas textos de Hannah Arendt nos que decía que o seu
país non era Alemanha nin Israel, senon que a sua identidade atopabaa na
LINGUA alemana no seu caso.
Sei que a partir das tuas investigacións sobre a
enerxía en Teilhard, fixeche unha gran carreira en filosofía da ciencia
poñendo en práctica a máxima kantiana según a cal para facer metafísica
debe partirse da física.
Mais isto no significa que a tua curiosidade e a tua
creatividade se esgotara no eido académico e xa nos enseñou Julia
Kristeva que incluso nas más obtusas teorías e dogmas da física pódese
atisbar un relato político.
No teu caso, benquerida Ana Luisa, a dinámica
política levoute polo mundo adiante, mais eu axo que aprecias sobretodo
as tuas actividades no mundo guaraní. Cada vez que escoito a Misa e o
Tedeum do filme da A Misión pensamos que ti nos permites denunciar a
mentira política da época e da de hoxe. No deixo de poner tamén en valor
o teu trabalho no mundo cooperativo do Alentejo, alonxado da
arquitectura urba (Lisboa e Porto) moito cara para tí por tradición
familiar, e o teu interés polo mundo monacal do cister na Galiza, que
nos leva novamente a França da que te consideras intelectualmente
deudora.
Podía seguir falando da multitude de fiestras que nos
evocas cheas de lus, mais permíteme facer síntese do encontro do segundo
domingo de marzo deste ano en Lisboa con Paule e Eric de Bordeaux,
Françoise e mais eu. As longas conversas no hall do hotel, os paseos
pola Baixa e a cea no centro rexional de Alentejo… qué sorte de ter unha
anfitriona coma a ti. O día seguinte os aquitanos voltaron con o fado de
Mariza (Terra) e os galegos trouxemos aquello que nos disestes: o dvd de
Fantasía Lusitana e libro de Irene Flunser Pimentel, que fala dos xudeos
e refuxiados en tránsito na Lisboa dos 40, en fuga a Hitler e ao
Holocausto.
Continua a ser unha caixa de sorpresas cada vez que
encetamos unha pregunta.
Segue así incluso agora o despedirte da tua cátedra,
logo que tendrás mais tempo para exercer de “bon vivant”.
Os teus amigos moitos aproveitarémolo moito.
Bicos. |